Hocus Pocus quere ao seu trío de volta

40

O guionista de Workaholics e Happy Together, Jen D’Angelo, ven de asinar o contrato polo que escribirá o guión dunha secuela da comédia para todos os públicos de 1993 Hocus Pocus que está a se desenvolver na Disney+.

D’Angelo foi encargado coa misión de atopar un xeito de facer regresar o elenco orixinal de actrices: Bette Midler coma Winifred, Sarah Jessica Parker coma Sarah, e Kathy Najimy coma Mary, pero ningunha delas está vencellada á produción polo de agora.

Os estudos agardan poder convence-las de se uniren a esta secuela dalgún xeito, pero a produción está nunha fase moi ceda e non está claro ainda quen serán as súas protagonistas, se as antigas estrelas do filme orixinal ou unha nova xeración de meigas. Naquela película, un trío de bruxas eran resucitadas inadvertidamente na noite de Halloween por un rapaz de Salem, o que daba lugar a toda unha série de aventuras cómicas.

Kenny Ortega dirixiu a película de 1993 a partir dun guión de Mick Garris e Neil Cuthbert, baseado nunha história de Garris e David Kirschner. Omri Katz, Thora Birch, Vinessa Shaw e Doug Jones foron os outros protagonistas.