O director de Thor: Ragnarok e What We Do in the Shadows, o novacelandés Taika Waititi, será o productor executivo de Night Raiders, un novo thriller distópico de ciéncia-ficción que dirixe Danis Goulet cun reparto principalmente feminino, protagonizado por Amanda Plummer, Elle-Maija Tailfeathers e Alex Tarrant.
Esta coprodución entre Canadá e Nova Celándia está ambientada nunha América do Norde que após dunha guerra está controlada por ocupantes militares que controlan cidades desvencelladas entre si. Os nenos son propriedade do Estado e unha muller aborixe canadiana unirá-se a unha banda clandestina de vixiantes que queren infiltrar-se nunha académia estatal de nenos para recuperar á súa filla.
A rodaxe comezou xa hai uns días nos arredores de Toronto baixo a produción de Tara Woodbury, Paul Barkin, Ainsley Gardiner, Georgina Condor e Chelsea Winstanley.