Taylor Kitsch no Inferno de Blomkamp

684

O actor canadiano Taylor Kitsch (John Carter) será o protagonista de Inferno, o novo thriller de ciéncia-ficción que dirixirá Neill Blomkamp e producirá Stuart Ford para a AGC Studios.

Kitsch interpreta a un poli a quen lle asignan a misión de investigar un asasinato que semella ordinário no deserto de New Mexico. A chegada do FBI confirma as súas sospeitas de que hai algo mais grande, se cadra extra-terrestre, que está a ter lugar. A caza do asasino fará que se chegue enfrontar cara a cara a unha besta humanoide que non se detén ante nada para exterminar á única testemuña do crime. A rodaxe comezará a primeiros de 2020.

Inferno será o regreso de Blomkamp á dirección de longametraxes dende que rematou Chappie en 2015, un filme que resultou un fracaso nos despachos de billetes mália a súa boa aceptación pola crítica.