O creador de Chernobyl nos Piratas do Caribe

48

O creador da série galardoada co Emmy Chernobyl, Craig Mazin, e mais o fan da saga Ted Elliott veñen de ser contratados para desenvolveren a história da sexta entrega da franquía multimillonária dos Piratas do Caribe, na que suporá o reinício da propriedade da Disney Pictures.

O novo filme, que contaba até agora cun guión de Rhett Reese e Paul Wernick (Deadpool) xa non terá coma protagonista a Johnny Depp no seu papel do capitán Jack Sparrow, caído en desgraza en Hollywood após das acusacións de maltrato.

Elliott co-escribiu os catro primeiros filmes da saga xunto a Terry Rossio, mentres que os créditos de Mazin inclúen a terceira e cuarta partes de Scary Movie, a terceira de The Hangover e mais o relanzamento de Charlie’s Angels que se estrea o mes que ven.

Quen si que regresará é Jerry Bruckheimer coma produtor. O filme en todo caso aínda non conta con datas de estrea.