Superman & Lois, problemas de parella

O universo das séries de superheroes da DC na canle The CW contará axiña cun novo membro, a série Superman & Lois, que terá coma protagonistas aos habituais de Supergirl Tyler Hoechlin e Elizabeth Tulloch no papel da famosa parella.

O proxecto está polo de agora aínda en desenvolvemento polo produtor executivo de The Flash, Todd Helbing, polo gurú da DC na televisión Greg Berlanti e pola Warner Bros. TV.

Helbing escribiu o guión, no que aparece o Home de Aceiro e mais a súa parella, a xornalista Lois Lane, tentando facer fronte a todo o estrés, as presións e as complexidades de ser pais traballadores no noso mundo de hoxe. Sarah Schechter e Geoff Johns servirán asemade coma produtores executivos.

Superman & Lois ten polo de agora previsto tan só un episódio piloto independente, que non será nin spin-off nin continuación de Supergirl. Os seus protagonistas levan dende 2016 (no caso de Hoechlin) e 2018 (Tulloch) aparecendo na devandita série.