Após de rematar a súa participación no vindeiro filme lovecraftián The Color Out of Space, o veterán Nicolas Cage será o protagonista de Wally’s Wonderland, o novo filme do director Kevin Lewis baseado na premisa do videoxogo Five Nights at Freddy’s.
Cage interpretará a un conserxe obrigado a pasar a noite nun parque de atraccións onde vivirá un pesadelo cando os persoaxes animatrónicos cobren vida. O conserxe terá que loitar para vencer a cada monstro e sobrevivir até que se faga de día e poida saír do parque.
G.O. Parsons escribiu o guión, que producen Cage, Grant Cramer, Jeremy Davis, Danny Roth e Mike Nilon. O proxecto conta co finanzamento da Landafar Entertainment, a JD Entertainment, a Saturn Films, a Almost Never Films e mais a Screen Media Ventures e a rodaxe comezará a partir de xaneiro.