Depp nas mans de Dante

0
214

A compañía produtora de Johnny Depp, a Infinitum Nihil, ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela orixinal de Nick Tosches In the Hand of Dante. A novela podería ser convertida en longametraxe, que protagonizaría o mesmo Depp.

O libro trata sobre a obra mestra do escritor italiano do século XIV Dante Alighieri A Divina Comédia, e narra liñas argumentais paralelas ao redor da figura do autor na Itália do Rexurdimento mentres trata de completar a súa obra e unha história no presente ao redor de Tosches, a quen lle piden que autentifique un manuscrito que podería ser o orixinal de Date. Depp interpretaría a Tosches.

En calquera caso, Depp será o produtor a través da súa empresa Infinitum Nihil e xunto co seu parceiro Christi Dembrowski. A produtora, que ten un contrato de preferéncia coa Warner Bros. e coa GK Films de Graham King, se fixo cos dereitos do libro, editado en 2002, con cartos de seu.