Proxectando un universo lovecraftián

519

Os produtores de SpectreVision Elijah Wood e Daniel Noah que están atrás da aínda non estreada oficialmente Color Out of Space, a fita que protagoniza Nicolas Cage baseada nunha novela curta de H.P. Lovecraft, veñen de confirmar que van tentar “construír un universo lovecraftián” coa axuda do director e coguionista da devandita película, Richard Stanley. Noah dixo: “Agardamos que haxa un apetito abondo grande por estas cousas, e que podamos continuar facéndo-as, polo menos tres delas“.

Noah e Wood tamén revelaron que están a comezar o proxecto para a seguinte longametraxe, The Dunwich Horror. Neste caso, a história orixinal vai sobre unha família de seres deformes e unha misteriosa presenza nunca vista nunha granxa que semella estar a medrar. Cando o fillo, un monstro mutante, sexa asasinado, a besta é ceibada e aterrorizará aos habitantes da pequena vila.

The Dunwich Horror xa fora adaptada ao cinema anteriormente en 1970, nun filme protagonizado por Dean Stockwell, Ed Begley e Sandra Dee. Para Begley foi o seu derradeiro traballo, xa que finou en abril dese mesmo ano.

Ainda que xa foi estreada nalgúns certames especializados, nos que gañou moi pouca estima dos críticos, Color Out of Space non chegará aos cinemas até o 24 de xaneiro de 2020.