O Spiderman xaponés, listo para o Spider-Verso

527

A comezos deste ano, o filme de debuxos animados Spider-Man: Into the Spider-Verse converteu-se nunha das principais sorpresas agradábeis da tempada, acadando non só moi boas críticas senón mesmo un Oscar que gañou uns meses despois.

Pero cando o filme apareceu, os prognósticos ao respeito do despacho de billetes non eran moi alentadores, polo que o seu produtor e guionista Phil Lord fixo unha promesa: se o filme recadaba mais de 2000 millóns de dólares no mercado de América do Norde, incluirían un Spiderman xaponés na secuela.

A película non chegou a sobrepasar a meta proposta e superou por pouco os 190 millóns, pero Lord quere de todos os xeitos cumprir coa súa promesa e confirmou na súa conta oficial en Twitter que o persoaxe xa está deseñado e listo para debutar cando o filme chegue aos cinemas en 2022.

O Spiderman xaponés (Supaidāman) orixinou-se nunha série de televisión de 1978 producida pola Toei Company e nela o seu protagonista é Takuya Yamashiro, un motociclista que descubre un ovni estrelado cuxo único tripulante é o derradeiro supervivinte do planeta Spider. Este extra-terrestre entréga-lle a Yamashiro un brazalete que o converte en Spiderman e que ademais lle permite controlar un robot xigante.

A nova entrega de Into the Spider-Verse incluirá moi probábelmente a outras variantes de Spiderman. Lord e mais o outro creador da série, Christopher Miller, xa dixeran respeito ao primeiro filme que estiveron a piques de engadir un Spiderman australián, pero non chegaron face-lo ao final. De todos os xeitos, nós teremos que agardar até o 8 de abril de 2022 para comproba-lo.