The Unsound, terror no psiquiátrico

676

A Netflix ven de se facer cos dereitos para adaptar ao cinema a novela gráfica da editorial BOOM! Studios The Unsound, co director de Shazam!, David F. Sandberg, coma encargado da nova longametraxe.

A história vai sobre unha psiquiatra que regresa ao asilo para dementes onde a súa nai é unha paciente e antiga empregada. Mentres vai descubrindo os sinistros segredos do hospital, entre os que se atopan monstros, experimentos prohibidos e máxia negra, irá asemade comprendendo unha terríbel verdade que se agocha no seu própio pasado. E para detér o horror que ven de ceibar, terá que se enfrontar ao feito de que ela e mais a súa nai teñen moito mais en común do que ela sabía.

Skylar James escribirá o guión mentres que Sandberg, James, Ross Richie, Stephen Christy, Adam Yoelin e Lotta Lotsen serán os produtores. Até agora tan só un cómic da BOOM! Studios chegara ao cinema, na comédia de acción 2 Guns.