Os Cazapantasmas en videoxogo

0
253

Hai xa meses que se ven falando do vindeiro videxogo dos Cazapantasmas. Agora, un novo vídeo amosa o progreso do desenvolvemento do título, que pretende manter todo o espírito dos populares filmes dos 80. As novas imaxes revelan unha estética mais de debuxo animado cás capturas e vídeos anteriores. Ademais, os gráficos están mais detallados e millor definidos có que se puido ver na pasada feira do videxogo E3 en Los Angeles.

Pero a grande novidade é que, por primeira vez se escoitan as voces dos protagonistas (Peter, Ray, Egon e Winston), que son as dos actores dos filmes (Bill Murray, Dan Aykroyd, Harold Ramis e Ernie Hudson), moi implicados no proxecto.

Finalmente, o xogo non estará baseado en ningunha das duas longametraxes se non que contará unha história orixinal, escrita polos guionistas do filme (Dan Aykroyd e Harold Ramis), e que transcorrerá dous anos despois de Cazapantasmas II.

O xogo sairá para PC, PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS en 2009, cadrando co 25 aniversário dos Cazapantasmas e o lanzamento dos dous filmes en Blu-ray.