The Child

25

Curiosamente, o segundo episódio ten un título mentres que o primeiro carecía del. E neste caso, o título refíre-se ao neno Yoda, que polo de agora é o persoaxe mais interesante que atopamos no universo de The Mandalorian.

O noso protagonista continúa no deserto, pero cando após de atopar ao neno quere regresar á súa nave espacial, atopa que está a ser desmontada polos Jawas, as “ratas do deserto” que no Episódio VI da saga vivían en Alderaan, pero que como xa sabemos, foi destruído pola Estrela da Morte, así que dalgún xeito os Jawas puideron fuxir e asentar-se noutro planeta.

O Mandalorián (a quen chaman Mando, pero non está moi claro se é ou non un insulto) enfrónta-se aos Jawa para recuperar as pezas roubadas, pero estes acaban por facer un trato:devolverán as pezas en troques do óvo dun perigoso animal que vive nunha cova. Alí, o neno Yoda salvará a vida ao Mandalorián grazas á Forza…

Total
Calificación
Artigo anteriorLittle Fear of Lightning
Seguinte artigoLicense to Elongate