Ímo-nos achegando ao final da tempada e as cousas semellan estar a se complicar coma se esta série fose parte do Arrowverso. É dicir, dun xeito demasiado tópico e con moi pouca imaxinación. Polo de agora, Gar (Beast Boy) continúa prisioneiro da malvada organización Cadmus, que pretende converte-lo nun arma mortal despois de fracasar con Superboy e mais o seu can. Donna e Dawn seguen as pegadas dos falcatruáns, sabemos que Jericho está vivo e a metade do episódio é unha chea de diálogo insubstancial entre Rose e mais o seu pai (Deathstroke) e Rose e mais o seu mozo (Jason). Esperemos que o episódio final desta tempada presente por fin a aparición de Nighwing.