Na nova narrativa galáctica na que os cazarrecompensas son boa xente e no fondo teñen bó corazón, o noso protagonista, unha vez entrega ao neno Yoda aos axentes do Império e cobra a súa recompensa, decide rachar o “Código” e volver a polo bebé. Pero iso sinificará obviamente que a partir de agora el será o cazado e que deberá fuxir se cadra para sempre mentres busca a resposta á pregunta de quen é ese neno e por que é tan desexado. Mentres tanto, os seus compatriotas mandaloriáns abandoarán por unha vez as súas diferéncias e serán unha axuda inestimábel…