Sanctuary

23

Cando comezou The Mandalorian, as nosas previsións non eran nada boas. Un Western cun  poderoso heroe baseado nun dos persoaxes mais destestábeis da saga (Boba Fett) e adornado cun neno Yoda destiñado a se converter no novo boneco protagonista dos regalos deste nadal. Nunha série coma esta é dificil saber por onde van ir os tiros, pero sabendo que estamos na Disney, será ao cabo unha aventura “familiar” (o que sinifica que estará dirixida aos nenos).

E o que estamos a ver en efecto non pasa de ser familiar. Ou sexa, entre aburrido e soporífero. Neste episódio, o mandalorián entra nunha aldea rural chea de nenos e coñece á típica muller cunha filla, o que supón coma sempre unha tentación de abandoa-lo todo e ficar alí vivindo unha vida “normal”. Todo elo mentres o neno Yoda medra a toda velocidade (xa lle adiviñamos as primeiras enrugas e se no anterior episódio precisaba un berce, agora pode mesmo andar tranquilamente) e coma é lóxico sénte-se moi cómodo entre outros nenos.

A ameaza chega nesta ocasión de mans dunha banda de ladróns. Xunto a Cara, unha mercenária que loitou coa Rebelión contra o Império, Mando adestrará e preparará aos membros da vila para que eles mesmos se poidan enfrontar ao seu inimigo… de novo soa o argumento? Si, o d’Os Sete Magníficos, outro clásico Western.

Ao cabo, estes campesiños non poderán eles sós contra os restos do Império e precisarán de mais axuda cun simple adestramento. Mando e Cara despíden-se cun “até que os nosos camiños se crucen de novo”, o que quere dicir que volveremos ve-la.