Fletcher fai-se cargo do servo de Drácula

O director do filme musical e biográfico Rocketman Dexter Fletcher será o encargado de se pór atrás das cámaras no novo filme de monstros Renfield para a Universal Pictures e a Skybound Entertainment.

A história vai sobre o persoaxe de R.M. Renfield, ún dos pacientes dun asilo para lunáticos, de quen se sospeita que sofre ilusións pero que en realidade é un servo do vampiro e conde transilván Drácula.

O papel, que é un dos persoaxes claves na novela orixinal de Bram Stoker, fora interpretado no pasado por actores coma Dwight Frye, Peter MacNicol e Samuel Barnett e mesmo polo músico Tom Waits na pantalla grande.

Esta versión está baseada nunha ideia orixinal do autor de The Walking Dead, Robert Kirkman, e seica podería estar ambientada nos nosos tempos. Ryan Ridley (Rick and Morty) escribiu o guión, que producirán Kirkman, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst.