O actor e emerxente realizador australián Abe Forsythe, despois de rematar o seu traballo na comédia de zombis Little Monsters con Lupita Nyong, que a crítica recebiu con bós ollos, converterá-se no director do filme Robocop Returns para a MGM e a Atlas Entertainment.
Este proxecto desenvolverá-se coma secuela directa ao filme orixinal de 1987 de Paul Verhoeven e ignorará as moitas secuelas que se fixeron, así coma o falido relanzamento con sabor brasileiro de 2014.
Ed Neumier e Michael Miner, os guionistas do filme orixinal, escribiron o libreto para este filme hai xa vários anos, e Justin Rhodes (Terminator: Dark Fate) é o responsábel da súa redacción mais recente. Forsythe agora lle dará unha nova volta de rosca ao guión de Rhodes.
Neumier, Miner e Richard Suckle serán os produtores.