Xa son tres as adaptacións actualizadas da clásica novela de terror gótico de 1898 de Henry James The Turn of the Screw que teñen previsto chegar á pantalla nos vindeiros meses.
Quibi, o servizo de streaming de Jeffrey Katzenberg que se lanzará o 6 de abril de 2020, ven de comezar o desenvolvemento dunha série de WebTV cunha visión contemporánea da obra orixinal, que producirán Alexandra McNally (Under the Dome), Josh Berman (Drop Dead Diva) e mais a Sony Pictures Television.
Esta versión terá toques de folletín gótico e vai sobre unha neneira mexicana que é contratada para cuidar de dous nenos na súa casa de verán nunha idílica illa no noroeste do Pacífico. As cousas porán-se mais ben sinistras cando a neneira comece a ver pantasmas e a súa conexión coa realidade comece a facer augas.
Esta nova chega pouco tempo despois de que soubéramos do filme de terror de Mackenzie Davis e Finn Wolfhard The Turning que se estreará nos cinemas en xaneiro, e tamén despois de que a Netflix anunciase a secuela de The Haunting of Hill House, que se titulará The Haunting of Bly Manor e que probábelmente estea lista ao redor do Samaín do ano que ven. A versión con mais sona de todos os xeitos continúa a ser The Innocents, dirixida en 1961 por Jack Clayton.