Fede Álvarez, terror na Casa Branca

Após do éxito de Don’t Breathe en 2016 e o relativo fracaso de The Girl in the Spider’s Web en 2018, o realizador uruguáio Fede Álvarez vai regresar a intenta-lo con dous novos proxectos de terror, que coma mínimo producirá e que no mellor dos casos podería dirixir el mesmo.

Un deles é o xa anunciado relanzamento da franquía de The Texas Chainsaw Massacre (ou “A Matanza de Texas”, coma foi titulado na sua estrea en Galiza), que conta cun guión de Chris Thomas Devlin, mentres que o outro non ten polo de agora título pero xa foi alcumado coma “The Shining ambientada na Casa Branca”. Joe Epstein escribiu o guión deste segundo.

Alvarez e mais a produtora de Rodolfo Sayagues, a Bad Hombre, asinaron un contrato de primeiro lance coa Legendary Pictures e producirán ambos proxectos.