A Amazon ven de anunciar a renovación para unha segunda tempada da súa vindeira série The Lord of the Rings, que aínda non só está por estrear, senón que nin sequera comezou a se rodar e se atopa no médio da pre-produción da súa primeira tempada.
O proxecto rodará-se en West Auckland (Nova Celándia) cun pequeno número de actores coma Markella Kavenagh, Will Poulter e Joseph Mawle xa contratados, pero aínda fican moitos mais papéis por encher a estas alturas.
Os guionistas JD Payne e Patrick McKay serán os showrunners da série xunto ao veterán de Game of Thrones Bryan Cogman coma produtor consultivo e co español J.A. Bayona de director de moitos episódios. A Amazon xa se comprometera a lle dar dúas tempadas á série cando se anunciou por primeira vez, pero a segunda tempada non contaba coa luz verde até agora.
Á parte de que se explorarán novas histórias dentro da Segunda Idade na Terra Média, non se sabe moito mais do argumento e das histórias que veremos. Os eventos da Segunda Idade acontecen moitos séculos antes de O Hobbit e O Señor dos Anéis. É a era na que os Anéis do Poder, entre os que está incluído o Anel Único, son creados e a guerra con Sauron comeza.
Os produtores desta série son a Amazon Studios, os herdeiros de Tolkien, a editorial HarperCollins, e mais a New Line Cinema. O seu orzamento é de 1.500 millóns de dólares.