O director de Maze Runner ocupará-se dos Símios

454

A 20th Century Fox e mais a Disney queren contar con Wes Ball, o director de The Maze Runner, para que desenvolva a nova entrega da franquía do Planeta dos Símios.

O proxecto seica está aínda nos primeiros chanzos e non está claro se será un remake ou se continuará cos acontecementos que Matt Reeves amosou-nos en War for the Planet of the Apes.

A série de filmes iniciou-se en 1968 e deu orixe a cinco películas, que o director Tim Burton continuou en 2001 cun relanzamento. Posteriormente, a partir de 2011 a franquía comezou con Rise of the Planet of the Apes unha nova triloxía que xa leva recadados en total mais de 1.680 millóns de dólares en todo o mundo.

Pola súa banda, a triloxía de Maze Runner de Ball acadou nos despachos de billetes un pouco menos de 1.000 millóns.