O Borne de VanderMeer será unha série na AMC

A AMC Studios está a desenvolver unha nova série de televisión baseada na saga de Borne, composta por tres novelas de ciéncia-ficción orixinais do escritor Jeff VanderMeer, o mesmo autor de Annihilation.

Borne é a primeira entrega e está ambientada nun futuro post-apocalíptico. Nas ruinas dunha cidade sen nome governada por un urso xigante chamado Mord, Rachel é unha ferragacheira que recolleita organismos xenéticamente modificados e experimentos creados pola malvada compañía de biotecnoloxía. Pero un día atopa unha creatura semellante a unha anémona mariña á que chama Borne e á que decide acubillar mália os consellos e recomendacións do seu parceiro Wick e mais das súas própias reservas.

En 2017 VanderMeer publicou The Strange Bird: A Borne Story, unha novela autoconclusiva ambientada no mesmo mundo que Borne pero con persoaxes distintos. E esta mesma semana presentou-se Dead Astronauts, a que é polo de agora última entrega.

VanderMeer será o produtor executivo e consultor creativo da série para a pequena pantalla. A Paramount Pictures xa tentara en 2016 facer unha versión para o cinema a partir dun guión de Alex Garland, pero os seus esforzos non chegaron a bó porto.