Tarzán prepara o seu regreso

0
201

Tarzán, a popular icona do xénero fantástico de aventuras creado por Edgar Rice Burroughs en 1912, podería estar á espreita dunha nova oportunidade de aparecer nas pantallas cando están por se cumprir os seus primeiros cen anos.

O director Stephen Sommers (A Múmia) e mais o guionista Stuart Beattie (Austrália) queren misturar a história do neno perdido na xungla e criado polos monos cun pouco de romance, ao xeito de Piratas do Caribe.

Nos últimos anos, o señor da selva foi reconvertido en cantante dun musical de Broadway, nun heroe dos debuxos animados da Disney e mesmo nunha estrela da televisión nunha série que se emitiu en 2003 pola canle WB e protagonizada polo modelo Travis Fimmel.