Após de vencer un combate aéreo, o mandalorián aterra nun peirao de reparación en Tatooine. Mentras busca traballo nunha cantina coñece a Toro, un aspirante a cazarrecompensas que sigue a Fennec Shand, unha asesina de élite. Toro quere facer o encargo para poder ser admitido no grémio, e Mando acepta axuda-lo a cámbio dos cartos.