EN BREVE 10. Apr 2024 A HBO ven de cancelar o desenvolvemento do seu agardado spin-off da série Game of Thrones que ía estar centrado no persoaxe de Jon Snow, interpretado por Kit Harington . O mesmo Harington revelou que non había unha boa história que contar: "Actualmente, no paga a pena face-lo. Está fóra da mesa, porque non puidemos atopar a história axeitada que contar e pola que estiveramos emocionados ".
06. Apr 2024 A NBC ven de cancelar a série Quantum Leap , ao optar por non producir unha terceira tempada, tan só un mes despois de que rematase a segunda cun episódio especial de dúas horas. Protagonizada por Raymond Lee , este relanzamento do clásico dos anos 90 produciu-se baixo duras condicións (primeiro a pandémia, logo as folgas) e rematou pechando moitas das súas interrogantes, pero deixando a porta aberta a un novo paradigma no seu episódio final.
04. Apr 2024 O director de Cruella , Craig Gillespie , ven de comezar conversas coa Warner Bros. Pictures e a DC Studios para dirixir a adaptación cinematográfica de acción real de Supergirl . O proxecto ten previsto comezar a se rodar este outono e será o primeiro dos novos proxectos do Universo DC en filmar-se despois de que remate a rodaxe de Superman , de James Gunn , a finais de verán.