Os nenos volven a encoller na Disney

O director de Captain America: The First Avenger e Jumanji, Joe Johnston, será o encargado do relanzamento dun clásico do cinema familiar: o filme de 1989 Honey I Shrunk the Kids. Nestes intres está a pechar o acordo para dirixir a película, que será producida pola Disney+ e que conta xa coma protagonista con Josh Gad (Olaf en Frozen) no papel de Nick, o fillo de Wayne Szalinski (a quen interpretaba Rick Moranis no filme orixinal).

A história ía sobre un científico que accidentalmente encollía aos seus fillos até un tamaño de formigas e debía atopar un xeito de amañar o problema. E neste relanzamento, Nick Szalinski repetirá o mesmo erro de seu pai trinta anos despois.

A película de 1989 tivo durante cinco anos o récord de ser o filme con actores reais que acadou unha maior recadación nos seus tempos, chegando aos 222 millóns de dólares en todo o mundo.

Mália que a longametraxe será producida pola Disney+ agárda-se que haxa de todas maneiras unha estrea nas salas de cinema.