A Metade Escura tentará-o de novo

9

A MGM vai-se asociar co director responsábel de Queen of Earth e guionista de Christopher Robin, Alex Ross Perry, para facer unha nova adaptación ao cinema da novela de terror de 1898 The Dark Half orixinal de Stephen King.

A história vai sobre un escritor de novelas de crime e mistério chamado Thad Beaumont, quen para obtér algún éxito publica as súas obras baixo o alcume de George Stark, até que este pseudónimo é descoberto un día. Daquela, el e mais a súa muller celebran o enterro de Stark coma brincadeira no cemitério local. Pero George Stark, ou alguén que se fai pasar por el, emerxe da tumba coma unha entidade física, que quere vingar-se e comeza unha racha de brutáis asasinatos.

George Romero dirixiu en 1993 a anterior adaptación, que protagonizou o daquela famoso Timothy Hutton, pero que recibiu moi malas críticas e unha recadación moi pobre nos despachos de billetes. Alex Ross Perry, quen conta con 34 anos, non ten experiéncia no xénero e esta será a súa primeira película de terror.