A Netflix e mais a Mattel Television veñen de comezar o desenvolvemento dunha série de debuxos con animación xerada por computador que presentará unha versión algo distinta do clásico He-Man and the Masters of the Universe.
A história, ambientada tamén no planeta Etérnia, irá sobre un príncipe mozo que descubre os poderes de Grayskull e transfórma-se en He-Man. Coma superheroe, loitará contra o malvado Skeletor mentres os dous tentan crear novos e poderosos equipos, competindo por ser os novos “Masters do Universo”.
O proxecto servirá para acompañar á série de anime anteriormente anunciada Masters of the Universe: Revelation de Kevin Smith, que é unha secuela da série orixinal de 1983.
O certo é que a Netflix xa obtivo un grande éxito co relanzamento da série de 1985 She-Ra and the Princesses of Power, que xa vai pola súa cuarta tempada e conta con grandes críticas tanto dos espectadores coma da prensa especializada.
Pola súa banda, Noah Centineo será o protagonista de He-Man, un filme aínda en proxecto, e que contará con actores reais.