O polémico director Lee Daniels será o encargado de adaptar ao cinema o cómic Stealth para a Universal Pictures e a Skybound Entertainment.
O cómic, que aínda está por aparecer no vindeiro mes de marzo, vai sobre un superheroe que leva loitando décadas contra o crime en Detroit, e está creado polo mesmo autor de The Walking Dead, Robert Kirkman. Agora Stealth seica levou o seu desexo pola xustiza demasiado lonxe e só o xornalista Tony Barber sabe a verdade: que tras do heroe agócha-se o seu pai, un home vello que padece Alzheimer. E Stealth non quere aceptar que chegou a hora da súa xubilación, xusto cando os seus inimigos quéren-o obrigar a se retirar canto antes.
Os guionistas de Iron Man Mark Fergus e Hawk Ostby serán os encargados do libreto, que producirán Daniels, Kirkman, David Alpert, Bryan Furst, Sean Furst e mais Pam Williams.