Brody protagonizará a série de terror Jerusalem’s Lot

523

O actor gañador dun Oscar Adrien Brody será o capitán Charles Boone, o protagonista da vindeira adaptación ás pantallas de televisión do conto orixinal de Stephen King Jerusalem’s Lot para a Epix.

O conto orixinal apareceu en 1978, dentro da escolma Night Shift que tamén contiña os contos clásicos Children of the Corn, The Lawnmower Man, Sometimes They Come Back, The Boogeyman, Graveyard Shift e The Mangler, todos eles xa levados ao cinema, á televisón, ou a ambos médios.

Esta história, que é unha precuela da famosa segunda novela de King, Salem’s Lot (1975), narra o caso do capitán Charles Boone, quen se establece xunto á súa família de tres fillos na casa dos seus antergos na pequena e aparentemente tranquila vila de Preacher’s Corners en Maine, despois de que a súa muller morrera no mar. Alí Charles deberá enfrontar-se aos terríbeis segredos da súa família e loitar por rematar coa escuridade que a asola dende hai xeracións.

O presidente da Epix, Michael Wright, dixo nun comunicado: “Esta série é unha nova versión intensa e absolutamente aterradora dun clásico do terror gótico“. A rodaxe comezará en maio e ten prevista a estrea para o outono de 2020.

Donald De Line e Jason e mais Peter Filardi serán os produtores, e estes dous últimos serán asemade os showrunners.