As orixes dos Cabaleiros de Ren

533

Unha das partes do filme de J.J. Abrams Star Wars: The Force Awakens que aparece nas pantallas pero que nunca é convenientemente explicada ou desenvolvida é a dos Cabaleiros de Ren, os acompañantes encarrapuchados de Kylo Ren que lle fan de gardacostas e que non falan moito ao longo da história.

Pois ben, a série de cómic da Marvel Entertainment Star Wars: The Rise of Kylo Ren vai tentar responder a estas preguntas. O segundo número da saga, orixinal de Charles Soule e Will Sliney, céntra-se no persoaxe que no cinema interpretou Adam Driver. E no cómic revéla-se que Ben Solo coñeceu aos Cabaleiros de Ren anos antes de se enfrontar a Luke Skywalker mentres exploraba un posto fronteirizo dos Jedi no planeta Elphrona xunto a Skywalker e a Lon Sen Tekka. A loita entre Luke e mais os sete Cabaleiros de Ren remata cun empate, e o seu líder convida a Ben Solo a se uniren a eles antes de que marchen.

Anos despois, e logo de que Solo destruíra o templo Jedi, regresa a Elphrona seguindo indicacións de Snoke para atopar aos Cabaleiros, aos que lle revela que coñece ao Líder Supremo. Agárda-se que o resto dos números desta série de cómic rate de como Solo chega a formar parte dos Cabaleiros e o papel que Snoke xoga en todo isto, uns acontecementos que teñen lugar antes do Episódio VII, Star Wars: The Force Awakens.

O cómic menciona asemade a “Era da Alta República”, un tempo de expansión para os Jedi moitos séculos antes das precuelas (Episódios I-III). Ese periodo mencióna-se ás veces nos rumores sobre o que podería ser o escenário da seguinte triloxía de Star Wars.