Del Toro considera facer o Hobbit

834

Guillermo del ToroGuillermo del Toro está en conversas para dirixir as novas entregas da obra literária de J.R.R. Tolkien, O Hobbit, segundo revelan as nosas fontes en Hollywood. O nome de Del Toro estivo sempre nunha listaxe de directores que poderían poñer en marcha o tan agardado proxecto.

O director do Señor dos Aneis, Peter Jackson, era o grande favorito dende un primeiro intre para dirixir estas precuelas, pero abandonou o proxecto por mor dunha rifa legal que mantivo coa New Line Cinema. Unha vez foron resoltos os problemas xudiciais en decembro, O Hobbit está de novo en marcha, e con Jackson no papen de produtor executivo.

Por mor da folga de guionistas, non hai ainda ningún nome vencellado ao proxecto para reescribir a adaptación deste grande clásico do xénero fantástico de Tolkien, ainda que non se agarda que unha vez remate a folga se tarde moito en atopar un guionista. Del Toro e Jackson supervisarán o desenvolvemento do guión.

A fotografía principal dos dous filmes nos que se dividirá a precuela e que se rodarán simultáneamente, escomezará en 2009. O custe do orzamento está estimado nuns 100 millóns de euros por cadansúa entrega. O lanzamento da primeira parte tería lugar en 2010 e a segunda en 2011.