O filme de culto que dirixiu John Carpenter en 1988 Están Vivos contará axiña cun remake da man da Universal e dos estudos Strike Entertainment, que están en negociacións para se facer cos dereitos que posúe Les Mougins.
Marc Abraham e Eric Newman da Strike serán os produtores, mentres que Shep Gordon de Les Mougins e mais o mesmo Carpenter serán os produtores executivos. Ainda non hai ningún guionista contratado.
O filme orixinal, parte thriller de ciéncia-ficción e parte sátira social, narraba a história dun traballador da construción sen sorte (Roddy Piper) que descubre unhas gafas que lle permiten ver que case toda a xente que nos rodea son en realidade áliens que viven entre nós e que están a controlar á humanidade. Piper inicia daquela unha loita contrarreloxo para tentar dete-los.
O filme, que tivo un grande éxito mália o seu baixo orzamento, é relembrado por unha escena de loita que dura nada menos ca cinco minutos e émdio e mais pola frase “estou aquí para comer chicle e patear cús… e fiquei sen chicle“.
Gordon, un empresário do mundo do entretemento e da música que traballou con Alice Cooper e Blondie, é o posuidor dos dereitos, e finaciou o filme como parte dun contrato para facer vários filmes con Carpenter que tamén incluiu Prince of Darkness e A Vila dos Condeados. A Universal distribuiu o filme como parte doutro trato con Gordon.
Strike, cuxos creto inclúen Bring It On e Fillos dos Homes, xa tivo éxito co remake de 2004 de Dawn of the Dead, e está a desenvolver agora mesmo o remake de Carpenter de A Cousa.