Zemeckis regresa á ciéncia-ficción

27

O responsábel de Back to the Future e Contact, o gañador dun Oscar Robert Zemeckis, regresa á ciéncia-ficción. Nestes intres atópa-se a negociar os derradeiros flecos do contrato polo que pasará a dirixir Ares, un proxecto de ciéncia-ficción que leva a se desenvolver os pasados meses no seo da Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre un astronauta que sobrevive ao choque da súa cápsula espacial no deserto en África, pero alí comeza a sospeitar que a súa misión aochaba un segredo cuxas derivacións poderían supoñer un cámbio no mundo.

Zemeckis traballará cun guión orixinal de Geneva Robertson-Dworet, a escritora do libreto de Captain Marvel. El mesmo será o produtor xunto a Jack Rapke, Steve Starkey, Kristin Winkler, Dan Lin e Jonathan Eirich. Roland Emmerich será o produtor executivo.