Remake de Space Camp

20

Mikey Day e Streeter Seidell, guionistas habituais do programa da televisión americana Saturday Night Live, veñen de ser contratados para se encargar do libreto de Space Camp, un remake que producirá a Disney+ da emblemática película de adolescentes do mesmo nome dos anos 80.

O filme orixinal ía sobre un grupo de rapaces que asisten a un campamento de astronautas preto de Cabo Canaveral en Florida. Durante unha proba rutinária a bordo do transbordador espacial, o grupo lanza a nave ao espazo accidentalmente. Alí deberán loitar xuntos para atopar osíxeno e para devolver a nave sán e salva á Terra.

Lea Thompson, Kelly Preston, Tate Donovan e mais un mozo Joaquin Phoenix foran os protagonistas do filme, que no seu día resultou un fracaso nos despachos de billetes porque a súa estrea coincidira uns meses despois do desastre do Challenger. Dende aquela, a longametraxe foi gañando unha audiéncia de culto, e agora John Rickard (Rampage) producirá o novo filme.

Pola súa banda, Day e Seidell atópan-se a traballar asemade no relanzamento de Home Alone e mais nunha nova entrega de Inspector Gadget.