Ex Machina, o primeiro e único superheroe

489

A Legendary Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema Ex Machina, o outro cómic de éxito xunto a Y: The Last Man do guionista Brian K. Vaughan, e xa ten plans para rodar unha película que se titulará The Great Machine.

O argumento do cómic xira ao redor da carreira política de Mitchell Hundred, quen se converte en Alcalde de New York após dos atentados do 11 de Setembro de 2001. Ademais, a série contén flashbacks á época de cando Hundred era coñecido coma “The Great Machine” (A Grande Máquina), un superheroe que tiña o poder de falar con dispositivos mecánicos e de lles dar ordes.

A história durou 50 números e mais dous especiais e rematou en 2010. O cámbio do título por parte da Legendary débe-se á súa intención de que non se confunda co proxecto de Alex Garland tamén titulado Ex Machina. Anna Waterhouse e Joe Shrapnel serán os guionistas, e Vaughan será o produtor.