Derrickson abandoa ao Doutor Strange

Scott Derrickson ven de deixar o seu posto coma director de Doctor Strange in the Multiverse of Madness para a Marvel Studios. Os estudos emitiron un comunicado no que confirman que a súa marcha se debe a “diferéncias creativas” e que Derrickson ficará a bordo do proxecto coma produtor executivo.

No comunicado dí-se: “A Marvel Studios e Scott Derrickson veñen de separar os seus camiños amigábelmente en Doctor Strange in the Multiverse of Madness por mor de diferéncias creativas. Ficamos agradecidos a Scott polas súas contribucións ao Universo Cinemático da Marvel“.

A rodaxe ten previsto comezar en maio e non se agarda que haxa adiamentos, polo que o normal é que haxa un substituto axiña. A película estreará-se o 7 de maio de 2021.

Derrickson dirixiu o primeiro filme do Doutor Strange, ademais doutros mais claramente de terror coma Sinister, The Exorcism of Emily Rose, Deliver Us from Evil e mais o fallido remake de The Day the Earth Stood Still.