A Amazon cancela a Torre Escura

23

A Amazon Studios ven de cancelar oficialmente a produción do episódio piloto para a série de televisión The Dark Tower. Esta série ía ser independente do filme de 2017 que protagonizaran Idris Elba e Matthew McConaughey, que foi un fracaso de crítica e público.

O produtor executivo e showrunner Glen Mazzara (o mesmo de The Walking Dead) e mais a compañía produtora MRC queren agora vender os dous guións orixinais que foron a base do episódio piloto cancelado.

A versión da Amazon contaba coa estrela inglesa de culebróns Sam Strike no papel do mozo pistoleiro Roland Deschain e amosaría como chegou a se facer coas súas pistolas, o seu primeiro conflito co Home de Negro (Jasper Paakkonen), o seu primeiro amor e mais a súa primeira misión coma pistoleiro. Michael Rooker, Jerome Flynn e Joana Ribeiro ían ser os outros protagonistas.

A Amazon produciu o piloto pero seica non ficou moi contenta con el, dicindo que non estaba ao mesmo nivel doutras séries de xénero da mesma compañía, coma Wheel Of Time e mais The Lord Of the Rings.