Aquaman en debuxos animados

530

O servizo de streaming HBO Max ven de encargar a produción dunha minisérie de debuxos animados de tres partes baseada no filme Aquaman que dirixiu James Wan en 2018 e que levará por título Aquaman: King of Atlantis.

A série enfocará-se en Aquaman e en como debe manexar-se contra moradores da superfície sen escrupos, antigos malvados de alén do tempo e mais do seu própio médio irmán, que quere destrona-lo. Aquaman contará coa axuda dos seus dous leais conselleiros, Vulko e Mera, e deberá probar perante os seus súbditos que el é o único e auténtico governante de Atlantis.

Wan quere participar no proxecto coma produtor executivo da série, da que nestes intres aínda non se sabe se contará coas voces dalgún dos protagonistas do filme orixinal.

Victor Courtright e Marly Halpern-Graser serán os showrunners e coprodutores executivos.