O director alemán Roland Emmerich e mais a súa compañía produtora, a Centropolis Entertainment, veñen de acadar unha inxección de 150 millóns de dólares para financiar o seu vindeiro filme de ciéncia-ficción Moonfall grazas aos irmáns Huayi, que distribuirán a película en China.
En Moonfall, unha misteriosa forza choca contra a Lúa, sacándo-a da súa órbita e enviándo-a en rumbo de colisión contra a Terra, o que sinificará o fin do noso planeta. Pero unhas semanas antes do impacto, unha equipa de aventureiros lanza unha derradeira misión desesperada ao espazo para aterraren na Lúa e salvar á Terra da aniquilación.
Emmerich, Harald Kloser e Spenser Cohen escribiron o guión, cuxa rodaxe dará comezo esta primavera. O reparto está aínda por decidir e a produción corre a cargo de Emmerich e Kloser.