O guión orixinal de Alien

1141

A editorial Dark Horse Comics vai publicar o vindeiro 22 de abril Alien: The Original Screenplay, unha nova novela gráfica baseada no guión orixinal de Alien, o clásico filme de terror espacial dirixido por Ridley Scott en 1979.

Dan O’Bannon e Ronald Shusett escribiron o guión orixinal, que logo foi re-escrito moitas veces polo produtor Walter Hill. Este, aínda que non figura nos cretos, fixo moitos cambios radicais, incluíndo facer que Ripley fose unha muller.

A nova série de cómic conta cun guión de Cristiano Seixas e debuxos de Guilherme Balbi, ambos artistas brasileiros, e presentará unha versión nunca vista até agora de Alien, con novos persoaxes e deseños da nave.

O cómic aparece xusto despois de que no pasado mes de agosto se publicase outra série, esta vez baseada no guión orixinal e nunca utilizado, do clásico escritor de ciéncia-ficción William Gibson para Alien 3.