A Liga da Xustiza Escura terá un universo de seu

A Bad Robot e mais a Warner Media van-se asociar para desenvolver en exclusiva tanto filmes coma séries de televisión baseadas en ideias do universo da Justice League Dark da DC Comics.

Seica a Bad Robot ten a intención de manter encontros con distintos escritores e guionistas para decidir que persoaxes concretos poderían acadar proxectos de seu. Pero polo de agora non hai ningún proxecto en marcha.

A Warners pola súa banda levaba xa vários anos tentando desenvolver unha película cos persoaxes da Justice League Dark, para o que contactou ao longo deste tempo con directores coma Guillermo del Toro e Doug Liman. O argumento do filme comezaba cando unha série de antigos tomos eran roubados por un maníaco que quere rematar coa humanidade. Daquela, o detective ocultista John Constantine reúne a un grupo de particulares heroes especializados nos segredos do místico e do arcano para salvar o mundo. Entre os heroes están a Cousa do Pantano, Deadman, Zatanna, o demo Etrigan e Madama Xanadu.

Outros persoaxes que apareceron na equipa na saga dos cómics son Shade, Changing Man, Black Orchid, Doctor Mist, Pandora, Nightmare Nurse, Frankenstein e mais o vampiro Andrew Bennett.