Rosario Dawson liderará a Zona Desmilitarizada

10

A actriz Rosario Dawson ven de ser contratada para o papel protagonista do episódio piloto dunha nova série que adaptará á televisión o cómic DMZ da Vertigo Comics para a HBO Max.

Ava DuVernay será en princípio a directora deste episódio, nunha série que explorará a aillada e á penas povoada zona desmilitarizada que no pasado foi coñecida co nome de Manhattan. A segunda guerra civil americana, que tivo lugar nun futuro próximo, deixou coma resultado un empate entre o governo federal e mais as forzas secesionistas dos exércitos dos Estados Libres.

A série céntra-se no día a día dunha médica da illa que tenta axudar aos residentes a sobrevivir mentres busca ao seu fillo perdido. Pero axiña ela converterá-se na derradeira esperanza dunha América que perdeu toda ideia do sinificado desa palabra.

O showrunner e produtor executivo Roberto Patino (Westworld) está a escribir o guión do episódio piloto, que producirán a ARRAY Filmworks e a Warner Bros. Television. A rodaxe comezará dentro dunhas semanas.