M.O.D.O.K. xa ten reparto

550

As voces de Melissa Fumero (Brooklyn Nine-Nine), Beck Bennet (Saturday Night Live), Sam Richardson (Veep), Wendi McLendon-Covey (The Goldbergs), Jon Daly (Curb Your Enthusiasm), Ben Schwartz (House of Lies) e Aimee Garcia (Lucifer) unirán-se á xa confirmada de Patton Oswalt na nova série de debuxos animados da Marvel e a Hulu, a comédia para adultos M.O.D.O.K.

Oswalt interpreta ao superfalcatruán Organismo Mental Deseñado Só para Matar (ou M.O.D.O.K. nas súas siglas en inglés) nunha série que irá sobre a vida deste persoaxe e do seu anceio por conquistar o mundo.

Anos despois de miserábeis fracasos loitando contra os superheroes mais poderosos do mundo, M.O.D.O.K. é expulsado da súa própia organización criminosa, a A.I.M., e deberá enfrontar-se a un matrimónio e unha vida fracasadas e ao seu peor pesadelo: a crise da média idade.

Garcia fará de Jodie, a muller de M.O.D.O.K. que leva un blog convertido en empresa de estilo de vida e que descobre que é unha muller independente ao chegar aos 40. Schwartz será o fillo de 12 anos, quen conta con moita ambición pero con poucos amigos e aínda menos hixiene persoal. E Fumero será Melissa, a filla adolescente de M.O.D.O.K. e futura estrela da patinaxe artística.

M.O.D.O.K. contará coa produción executiva de Oswalt e ten previsto chegar á tele a finais deste ano.