Marvel cancela proxectos

402

A Marvel está a facer limpeza de proxectos antigos despois de que o nome da empresa mudase a Marvel TV Studios, e veñen de desbotar dúas das comédias de debuxos animados que tiñan no catálogo, Howard the Duck e Tigra & Dazzler, que estaban en desenvolvemento pola Hulu.

Ambos programas anunciáran-se hai un ano xunto a M.O.D.O.K., Hit Monkey e mais o proxecto The Offenders, todos eles para seren emitidos na nova plataforma dixital da Disney. Polo de agora, M.O.D.O.K. e Hit Monkey continúan adiante coma estaba planeado e The Offenders moi probabelmente sexa tamén cancelado oficialmente dentro duns días.

As novas chegan precisamente despois de que hai uns meses os traballos en Tigra & Dazzler fosen detidos por mor de diferéncias creativas na equipa de produción da Marvel, e no mes de decembro todos os guionistas foron despedidos após de completar várias entregas.

A pasada semana, o director de contidos da Hulu, Craig Erwich, confirmou que xa vira episódios de M.O.D.O.K. e de Helstrom. Agárda-se que a data de estrea de ambas séries sexa anunciada en breve.