Dous novos Transformers en marcha

A Paramount Pictures ven de alugar os servizos dos guionistas Joby Harold (King Arthur: Legend of the Sword) e James Vanderbilt (Zodiac) para que escriban as seguintes dúas entregas da saga de acción Transformers.

Ambos guionistas farán cada ún só unha das películas, pero os dous proxectos desenvolverán-se simultaneamente. Polo de agora non hai director ou directores para estes novos filmes, e tampouco está claro se coas seguintes partes continuará-se o arco argumental das fitas de Michael Bay ou se será un relanzamento da franquía. Os rumores nombergantes din que tentarán basear-se na série de debuxos animados de Beast Wars (1996-1999).

A Hasbro Studios xa expresou o seu interese en crear un universo cinemático de seu, e un relanzamento podería-lles permitir engadir outras franquías, coma as de G.I. Joe ou os Micronautas, e facer un crossover.