One Piece en acción real

909

A Netflix ven de encargar a produción de dez episódios dunha nova série que adaptará con actores reais á televisión One Piece, o famoso manga de aventuras e piratas orixinal de Eiichiro Oda.

A série, que vendeu mais de 460 millóns de cópias en todo o mundo, vai sobre un rapaz chamado Monkey D. Luffy, quen comeza unha viaxe para se converter no rei dos piratas e atopar o tesouro “One Piece”. O título foi adaptado moitas veces á pantalla en formato de debuxos animados, catorce veces no cinema e unha popular série de televisión que leva xa 20 tempadas.

A Netflix e mais a Tomorrow Studios encargarán-se da produción física da nova série, que contará con Steven Maeda (The X-Files, Lost) coma guionista, showrunner e produtor executivo. Estará acompañado por Matt Owens (Luke Cage) tamén escribindo guións e coma produtor executivo.

A Tomorrow Studios xa están a traballar ademais na adaptación doutro manga para a Netflix, neste caso Cowboy Bebop, e na série Snowpiercer para a canle TNT.