A NBC ven de encargar a produción dun episódio piloto de Langdon, unha nova série que adaptará á televisión a novela de Dan Brown The Lost Symbol, a terceira da súa cuatriloxía sobre o simboloxista de Harvard Robert Langdon e a única que polo de agora aínda non conta cunha versión de seu para o cinema.
Na série, Langdon ve-se arrastrado a unha série de trampas mortais cando o seu mentor é secuestrado. A CIA obríga-lle a participar nunha unidade operativa, na que descubrirá unha arrepiante conspiración.
Esta será a primeira vez que un actor que non sexa Tom Hanks encarna ao persoaxe e servirá probabelmente coma precuela da saga do cinema. Dan Dworkin e Jay Beattie (Scream: The TV Series) serán os encargados de escribir o guión e de traballar coma produtores executivos, unha tarefa na que estará acompañados polo mesmo Brown, Brian Grazer, Ron Howard, Francie Calfo, Samie Falvey e mais Anna Culp.
A Imagine Television Studios, a CBS Television Studios e a Universal Television producirán conxuntamente este proxecto.