Linda Hamilton (a quen vimos de ver en Terminator: Dark Fate) ven de se facer cun dos papéis protagonistas xunto a Alan Tudyk na vindeira adaptación á pequena pantalla dos cómics da Dark Horse Resident Alien que a canle Syfy está a preparar. Peter Hogan e Steve Parkhouse producirán e Chris Sheridan escribirá o guión.
Tudyk fará de Harry, o álien que se estrelou na Terra e que após de tomar a identidade dun médico dunha pequena vila de Colorado, comeza pouco a pouco a loitar co dilema moral da sía misión secreta no noso planeta.
Hamilton fará o papel da xeneral McCallister, unha militar que semella estar a seguir a regras e que o ten todo baixo control, pero que en segredo supervisa unha operación encuberta na procura de seres extra-terrestres.
Mandell Maughan (Me, Myself & I, Undateable) e Alex Barima (The Exorcist, Riverdale) están tamén a bordo en senllos papéis recurrentes, os da axudante de McCallister e o dun militar recentemente expulsado do exército respectivamente.
A Universal Content Productions, a Dark Horse Entertainment e a Amblin TV están atrás deste proxecto, que conta ademais con Sara Tomko, Corey Reynolds, Alice Wetterlund e Levi Fiehler noutros papeis protagonistas.