Owen Wilson en Loki

516

Owen WilsonO actor Owen Wilson ven de se unir ao reparto da vindeira série Loki da Disney+ e a Marvel. O seu papel aínda está por determinar, e esta será a primeira vez que participe no universo Marvel. Tom Hiddleston e Sophia Di Martino son os outros protagonistas dunha série que chegará ás pantallas despois da estrea no cinema da secuela de Doctor Strange en maio de 2021.